• Instagram
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • Gmail

Ás De Espadas


Vas botar a partida,
danche a primeira carta,
bótaslle un ollo,
comezas a sorrir.

Xa cres que vas ganar,
sintes tes todo o poder
Dá igual o que lle veña,
porque tes…

O ás de espadas, o ás de espadas!
O ás de espadas, o ás de espadas!

Chegan dúas cartas máis,
reparteunas o demo,
o pincho na primeira man,
o peor está por vir.

Un bravo ou un tres,
confórmaste cun dous.
non o podes crer
cando ves que son…

Un catro e un seis, un catro e un seis!
Un catro e un seis, un catro e un seis!

Naceches pa perder,
a quen vas engañar?
Vaite para o cocho!

Intentas engañalo,
berras a ver que fai,
safaches o primeiro,
alí tampouco hai.

Agora berra máis,
tes todas de perder…
Miras o teu ás,
daslle o «quiero» con…

Un catro e un seis, un catro e un seis!
Un catro e un seis, un catro e un seis!


Vídeos