• Instagram
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • Gmail

A Profe De Inglés


A parienta está jodida
e non entendo por que
Ai! A que me ven enriba…
Tranquilízate muller
O rapaz non espabila,
non sabemos que facer
Deben ser as compañías,
xa os conocemos ben

Danlle á droga e á bebida,
saen sempre a romper
Todo o día metendo fichas,
aínda vai preñar a alguén
Irei falar con Uxía,
a súa profe de inglés
Suspendeu, que pasaría?
Xa vou vendo que pode ser

É unha etapa da vida
na que todo é aprender
Pero chegarás á miña
e necesitarás o inglés
Por que non vas ca veciña?
Que lle vai ben co francés
Conseguinche unha cita,
mañán ven aquí a comer

É unha nena moi fina,
non se limpia ó mantel
Cerra a boca si mastica,
non fai ruidos ó beber
Chorba nova na familia,
que orgulloso de Manuel
A ver si dura toda a vida,
outra así non a vai ver

Anda coma un can, anda coma un can
Pícalle o leite, estache na edad
Anda coma un can, anda coma un can
Quere fogueteo e nadie llo dá

Anda coma un can, anda coma un can
Pícalle o leite, estache na edad
Anda coma un can, anda coma un can
Quere fogueteo e nadie llo dá